A Xunta puxo na rede os borradores dos proxectos de lei de policía autonómica e da coordinación de policías locais, cos que se pretende "incrementar os niveis de seguridade en Galiza" e dotala dun corpo policial semellante ao que xa existen en Cataluña e Euscadi, e doutra beira "mellorar a coordinación entre os diferentes corpos de policía". As novas normas substituirán a vixente, asinada en 1992. Doutra volta, a propia dispoñibilidade dos textos a todos os cidadáns quere abrir, segundo comunican desde a consellaría de Presidencia, unha nova etapa de transparencia no traballo da administración. Así, ao tempo está tamén dispoñíbel desde hai días o borrador do proxecto de lei de modificación da función pública, texto que regulamentará a actividade funcionarial e para o que se introduciu un formulario desde o cal poden facerse achegas.