Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MAL ESTADO DAS VÍAS

Case 300 millóns de euros serían necesarios para garantir a boa conservación das estradas

Coa atención centrada na presión para a construción de novas vías e a introdución de medidas como o carné por puntos, desde a chamada Asociación Española da Estrada, presidida por Miguel María Muñoz, quen fora director xeral de Tráfico, advertían este xoves que hai a nivel estatal hai un claro défice na conservación das estradas xa existentes. No caso galego, as eivas detectadas precisarían dun investimento dun mínimo de 257 millóns de euros e só no que se refire a poñer ao día o mal estado actual da súa superficie, sendo necesarios ademais case 12 millóns para mellorar a sinalización vertical e horizontal, e outros 17 millóns para repoñer e amañar barreiras metálicas ás marxes. A nivel estatal, é potencialmente perigoso circular polo 35% das estradas debido ao mal estado do seu firme. Alén diso, o colectivo avisa que sería necesario un proxecto máis ambicioso para unha vez resoltas as eivas básicas garantir un investimento anual no bo estado das estradas.

- 06:58 14/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)