Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AO TEMPO QUE SE PECHAN AS PRANTAS ACTUAIS

O goberno británico impulsa un plan enerxético baseado en novas centrais nucleares

Chegaron boas novas esta semana para o lobby da industria nuclear, que vén teimando con forza nos últimos meses en reabrir o debate sobre o futuro enerxético europeo. O executivo botou contas e decidiu que o incremento dos prezos do petróleo e o peche en vinte anos das actuais e obsoletas prantas nucleares, que producen agora o 20% da electricidade consumida no Reino Unido, pode poñer en perigo o seu abastecemento enerxético. Apoiado nas novas garantías de seguridade das nucleares e presentando á beira un esquema paralelo de desenvolvemento de enerxías renovábeis, o goberno Blair, aínda con fendas entre os propios laboristas, decidiu impulsar a construción de novas centrais. A opción nuclear estará tamén a próxima fin de semana na axenda do G-8, que ten xuntanza en Rusia.

  • Anteriores: Adega participa en Madrid na sinatura do manifesto polo peche das centrais nucleares
  • Non hai centrais nucleares na axenda
  • A Comisión Europea podería incluír a enerxía nuclear na estratexia a medio prazo
  • Na prensa británica: Blair dálle ao botón nuclear
  • O Reino Unido entra nunha nova era nuclear

- 07:20 12/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)