Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APOIO AO PROCESO DE DIÁLOGO

O xuíz "permite" a xuntanza PSE-Batasuna

"Non se observa ningún elemento que induza a pensar que se pretenda favorecer a acción delictiva do complexo terrorista dirixido pola ETA e no que se inclúe a Batasuna, senón todo o contrario, evitar que o feito delictivo continúe producíndose". Así o recolle o auto xudicial asinado por Baltasar Garzón ao fío do anuncio da reunión do PSE con Batasuna este xoves, amparándose tamén na recomendación de fiscalía para que non se obstaculice e recoñecendo que calquera outra decisión implicaría unha intervención "política". Permítese así o que será un significativo paso no proceso de normalización do escenario político vasco, malia que desde o PP teimaban en pedir a ilegalidade do encontro e desde a Asociación de Víctimas do Terrorismo organizarán unha protesta ás portas da reunión.

- 07:04 06/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)