Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O NOVO PRESIDENTE DI QUE A XUNTA NON LLE PRESENTOU AÍNDA ALTERNATIVAS

Ence rexeita negociar o traslado pero pide compensacións para cando este se produza

Que lle dean o traballo feito veu sendo a expresión do conflito de Ence en Pontevedra segundo a explicación do seu presidente, José Luís Arregui, quen expuxo que a empresa non sentará a falar do asunto, tal e como lle propuxo o goberno galego, e pola contra agardará a que lle presenten unha alternativa para decidir ao respecto, agardando ademais o aval económico da Xunta. "Ninguén quere estar nun territorio con problemas", sentenciou. Foi durante a xunta de accionistas da compañía, que prepara un plan estratéxico para duplicar tamaño e beneficios nun prazo de cinco anos.

- 07:01 30/06/2006
Tags:

"Hai que atopar unha solución e estou seguro de que a atoparemos, Imaxínanse Pontevedra sen Ence?", así se pronunciaba este xoves o presidente de Ence, José Luís Arregui, quen negou que na estratexia da empresa estea a busca doutra ubicación para a factoría galega e trasladoulles ao goberno autonómico e municipal a responsabilidade de buscaren calquera posíbel emprazamento alternativo para Ence en Galiza. "Xa logo nós estudaremos pros e contras e escolleremos a mellor solución", dixo Arregui.

Ao fío, negou que a Xunta lle propuxera sentar nunha mesa de traballo coas cinco consellarías implicadas na busca de solución para o proxecto, tal e como no seu momento avanzara o propio presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen apuntara que a solución definitiva sairía da xuntanza dos representantes do executivo con sindicatos e cos Concellos de Pontevedra e Marín. Á volta do verán, Ence agarda presentar polo miúdo o plan estratéxico avanzado durante esta última xunta de accionistas, e co que buscará duplicar números a curto prazo. De xeito específico, Arregui referiuse ao tamén polémico proxecto da empresa en Uruguai, iniciativa que cualificou como clave no futuro de Ence.


Ligazóns

0/5 (0 votos)