Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE PARLAMENTARIO DAS PROPOSTAS PARA A REFORMA DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA

Touriño, Quintana e Feijoo coinciden na aspiración do "máximo nivel competencial" para Galiza

Coa dobre convicción de que as bases de acordo propostas conxuntamente por socialistas e nacionalistas son "asumíbeis" polos populares e "caben na Constitución", Emilio Pérez Touriño abriu as intervencións no pleno sobre a reforma estatutaria no Parlamento de Galiza, e destacou que "a magnitude dos cambios producidos" desde a entrada en vigor do actual Estatuto son aval para "adaptarnos ás novas realidades". A continuación, o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, louvou que á fin todos os grupos recoñezan "a importancia desta reforma", laiándose dos "dous anos perdidos" desde que o Bloque propuxera abrir este proceso. Pola súa banda, Alberte Núñez Feijo presentou a primeira proposta concreta do PPdeG, indicando que "Galiza debe seguir o seu propio camiño" e coincidiu cos outros líderes en defender "o máximo nivel competencial" posíbel. Aínda que globalmente a cita agoirou consensos futuros, destacou a belixerancia nos discursos da quenda de réplicas, onde mesmo a presidenta do Parlamento, logo da intervención de Feijoo, chegou a pedirlle aos deputados que non aplaudisen "cos pés".

  • Touriño apela ao "galeguismo das tres forzas" para mudar o "papel secundario que historicamente Galiza se viu forzada a asumir"
  • Feijoo pide que PSdeG e BNG presenten unha proposta conxunta "elaborada" e "concreta"
  • Quintana fala dun Estatuto que garanta que "esa historia triste e resinada non se repita"

- 13:32 29/06/2006
Tags:


0/5 (0 votos)