Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANÁLISE PROMOVIDO POR CAIXANOVA

A área viguesa xera a terceira parte da "riqueza" galega

O 30.8% do Valor Engadido Bruto de Galiza responde á actividade económica xerada polo contorno de Vigo e as comarcas á súa beira, un peso que en cifras concretas acada os 10.37o millóns de euros. Os números saen do informe "Visión Estratéxica do Sistema Empresarial da Área Metropolitana de Vigo: 2000-2005", presentado esta semana polos seus autores, os profesores Jorge González e Pedro Figueria, da Universidade de Vigo, e apoiado polo Instituto de Desenvolvemento de Caixanova. A análise destaca o cremento da área viguesa por riba da media galega e subliña o protagonismo económico dos sectores da automoción, construción e a pesca e industria de transformación, que acumulan a metade do volume facturado polas empresas da zona, destacando o sector do automóbil, que só en 2003 facturou 8.466 millóns de euros.

- 07:02 27/06/2006
Tags:


0/5 (0 votos)