Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RIFA PARLAMENTARIA

A Xunta anuncia a reforma do voto emigrante e Feijoo pon dúbidas sobre a votación en 2005

Referírase este mércores en sesión parlamentaria o voceiro do BNG ás evidencias de fraude no voto da emigración que durante os comicios do ano pasado volveron a primeiro plano. Malia que as acusacións apuntaban directamente a prácticas promovidas polo PPdeG, a reviravolta dialéctica deu no paradoxo de que o voceiro popular, Alberte Núñez Feijoo aproveitase esas palabras para bater na lexitimidade do executivo e insinuar que o actual goberno de socialistas e nacionalistas "estea afectado por esa fraude". Logo de reprocharlle que argumentase contra "a intelixencia e a ética política", o presidente da Xunta, subliñou que o goberno de PSdeG e BNG facilitará que por vez primeira os emigrantes voten en urna e os arredor de dez mil mariñeiros que en época de eleccións acostuman a estar no mar poidan tamén votar.

  • Anterior: O goberno modificará o réxime electoral coa fin de asegurar a transparencia do voto emigrante

- 07:17 22/06/2006
Tags:


0/5 (0 votos)