Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUINDO OS PASOS DAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE NIGRÁN

Salvemos Sanxenxo, unha nova plataforma cidadá en defensa do litoral galego

Logo do levantamento popular de Nigrán, onde as asociacións veciñais lograron frear a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal, os veciños de Sanxenxo, outra das vilas máis marbellizadas do litoral galego, alzan a súa voz en contra da especulación e dos delitos urbanísticos. Deste xeito, nace a iniciativa ‘Salvemos Sanxenxo" con internet como plataforma principal para dar a coñecer as súas denuncias e protestas ante o que eles consideran "unha errónea concepción do progreso".

- 16:32 20/06/2006
Tags:

"Nos últimos tempos estamos asistindo na vila de Sanxenxo a unha agresión intolerábel contra o noso patrimonio arquitectónico e paisaxístico". Así reza o manifesto co que a plataforma "Salvemos Sanxenxo" abre a súa web, que nace "desde o afán dunha persoa en denunciar todos os delitos urbanísticos de Sanxenxo.

Entre os obxectivos da nova plataforma está a procura dunha política de vivenda cunha clara orientación social, a adopción de medidas encamiñadas a protexer os espazos naturais e os edificios singulares, a oposición a calquera forma de alleación dos bens e dos espazos públicos, a procura dun acordo de toda a cidadanía na definición dun modelo de vila habitábel, aberto, moderno e humano e a reforma do Plan Xeral ou a derrogación daqueles puntos que deixan os cidadáns indefensos dos especuladores.


Ligazóns

0/5 (0 votos)