Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARA AO FUTURO DA FEIRA INTERNACIONAL DE SILLEDA

Medio Rural confirma a intención de redefinir a Semana Verde

Alén de destacar as achegas conseguidas deica agora na xa longa historia da feira internacional Semana Verde, o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, destacou esta fin de semana durante a clausura do evento que cara a edicións próximas a cita debe "dar un salto cualitativo" a través da "redefinición dos seus contidos". Nesa liña, prognosticou a introdución doutro enfoque baseado na atención e o diálogo co sector labrego e gandeiro en Galiza.

- 07:00 19/06/2006
Tags:

"Este evento serve para darmos a coñecer as potencialidades do país, aumentar a capacidade de negocio das empresas e establecer contactos profesionais, ao tempo que poñermos en valor o traballo dos labregos e gandeiros galegos e os nosos recursos produtivos", louvou na súa intervención o conselleiro de Medio Rural.

Alfredo Suárez Canal destacou as potencialidades desta cita e a necesidade de inserila na estratexia global para o rural galego, baseado "no diálogo permanente co sector agrogandeiro e forestal cara a unha maior rendibilidade e produtividade do rural galego". Nesa liña destacou a aposta pola revitalización das mesas do leite, da carne, do viño ou da madeira, a prol do relanzamento da interlocución entre industria e produtores arredor de metas comúns.

Doutra banda, desde a organización da feira aseguraban que algo máis de cen mil visitantes acudiron ao recinto feiral ao longo de toda a semana e destacaron especialmente o aumento do volume de negocio, prognosticando que as cifras poderían duplicar as de 2005.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: