Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
AS MANIFESTACIÓNS PARTIRON DE PONTEVEDRA E MARÍN E REMATARON ANTE A FÁBRICA

Milleiros de persoas participaron na ‘Marcha contra celulosas’ en prol do peche de Ence

A ‘Marcha contra celulosas’ contou o pasado sábado coa participación de varios milleiros de persoas que esixiron o peche definitivo do complexo Ence-Elnosa en Lourizán. A Asociación Pola Defensa da Ría, convocou un ano máis esta marcha que, nesta ocasión, se celebrou baixo a posibilidade real de que Ence abandone a ría logo de que o Goberno anunciase que o seu traslado é unha prioridade.

- 15:42 16/06/2006
Tags:

"Porque a recuperación da ría, os postos de traballo e a saúde non poden agardar máis, Celulosas-Elnosa fóra de Lourizán". Así rezaba a pancarta que abría o pasado sábado a ‘Marcha contra celulosas’. Dúas manifestacións partiron ao mesmo tempo desde Pontevedra e Marín para atoparse fronte á entrada principal de Ence. Alí fíxose público un comunicado no que se sinalo que "por primeira vez a Administración abandona a posicións de absoluta complicidade co ilegal e contaminante complexo".

Porén, a Asociación Pola Defensa da Ría asegurou que "non está todo feito" e lembrou que a mobilización social segue sendo fundamental "para que os nosos gobernantes saiban que poderán contar co apoio cidadán sempre que se manteñan firmes na defensa das nosas reivindicacións".

Entre os asistentes destacou a presenza de numerosos cargos públicos do BNG e do PSOE, encabezados por Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.


Ligazóns

0/5 (0 votos)