Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACTIVIDADES DOS MESES DE XUÑO E XULLO

O Proxecto Ríos reúne os seus voluntarios o próximo17 de Xuño en Lalín

O Concello de Lalín será o escenario este sábado do II Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. O encontro pretende ser un foro onde o voluntariado do proxecto poida presentar os seus traballos, experiencias, audiovisuais, etc. Deste xeito, a vila pontevedresa acollerá a comunicación de Xabier Amigo sobre a flora dos ecosistemas fluviais así como a realización dun roteiro por un río do concello. Adega presentou tamén o I Encontro Itinerante Interríos que se levará a cabo desde o 14 ao 24 de xullo.

- 14:54 12/06/2006
Tags:

Este sábado celébrase o II Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos, que terá lugar en Lalín, concello colaborador do proxecto. O Encontro terá dúas sesións: a da mañá dedicada a comunicación marco do encontro, a cargo de Xabier Amigo do Laboratorio de Botánica da Facultade de Farmacia, que falará sobre a flora dos ecosistemas fluviais. Xa cara ao final da maña, se dedicará un tempo a coñecer experiencias e traballos que se están a desenvolver dentro do proxecto. Pola tarde realizarase un roteiro por un río do concello de Lalín.

Xa na segunda quincena de xullo, do 14 ao 23, se realizará o I Encontro Itinerante Interrios, para voluntarios con idades comprendidas entre 18 e 30 anos. Voluntariado de Portugal e Cataluña participarán neste encontro que, durante nove días, percorrerá o país coñecendo os ecosistemas fluviais galegos e facendo actividades arredor deles, roteiros, visitas a equipamentos, rafting ou a inspección de ríos serán algunhas das actividades.

Adega, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, está a impulsar o Proxecto Ríos que se basea na inspección das condicións ecolóxicas dos ríos, realizada por voluntarios locais responsábeis da vixilancia e protección do treito do río que seleccionan. Para a realización da inspección, os participantes reciben material totalmente gratuíto que inclúe un manual de inspección e fichas identificativas de macroinvertebrados, peixes, mamíferos, plantas de ribeira, árbores e arbustos, anfibios e réptiles, e patrimonio etnográfico, que facilitarán o estudo do ecosistema fluvial.


Ligazóns

0/5 (0 votos)