Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A EMPRESA AGARDA POR UNHA ALTERNATIVA ANTES DE FIN DE ANO

Touriño asegura que hai acordo con Pescanova sobre o futuro da piscifactoría

A costa do norte lugués é o probábel destino alternativo para a piscifactoría de Touriñán, toda vez que Ribadeo e Xove xa foran avaliadas hai meses como as mellores alternativas para o proxecto por técnicos do goberno galego e de Pescanova. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou que xa hai acordo para que a empresa desbote a opción de Touriñán. Lembrámoslles que esta mesma semana, a empresa emitira un belixerante comunicado onde criticaba o apoio do ministerio de Pesca ás decisións da Xunta respecto á piscifactoría e insinuaba que as administracións están obstaculizando o desenvolvemento do sector acuícola.

- 07:01 09/06/2006
Tags:

Segundo explicou o presidente da Xunta, a empresa Pescanova non teimará máis na construcción da factoría planificada en Touriñán, aceptando escoller unha alternativa para a reubicación. Emilio Pérez Touriño explicou que existe o acordo coa empresa, aínda que sen concretar, e que a piscifactoría vaise construír en Galiza aínda que non nesa zona protexida da Costa da Morte.

Touriño recordou que desde a Xunta xa se propuxera hai tempo a opción do norte lugués, e destacou que existan varias opións que serían axeitadas para o desenvolvemento do proxecto que, á fin, lembrámoslles que conta cun forte volume de investimento público,fondos europeos, ministerio e Xunta incluída, sendo que Pescanova só pon a metade dos cartos necesarios.

Pescanova, que agarda agora a que sexa a Xunta quen lle poña na mesa a proposta concreta para o despregue da factoría de rodaballo, queixárase esta semana polas recentes declaracións do director xeral de Pesca do goberno español, Alberto López, quen durante a xuntanza do comité acuícola da FAO amosara o seu apoio pola actuación do goberno galego respecto ao acontecido coa piscifactoría de Touriñán. López subliñara a necesidade de garantir o futuro dos recursos pesqueiros a través de procesos sustentábeis baseados no respecto ao medio ambiente. Ao fío, desde Pescanova aproveitaron para referirse ao que consideran unha paralización do sector nos últimos catro anos, pedíndolle explicacións ás administracións por esa situación.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: