Alfredo Rodríguez, alcalde de Nigrán, acaba de comunicar en rolda de prensa que paralizará a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. O mandatario local anunciou tamén que se negociará cos veciños o documento urbanístico, aínda que non se confirmou se se redactará un novo texto ou se se modificará o actual. Así mesmo, adiantou que porá a exposición pública o Plan Xeral rexeitado para que todo o pobo de Nigrán poida velo.
Pola súa parte, as Asociacións de Veciños aínda non se pronunciaron sobre a nova postura do alcalde aínda que está previsto que manteñan unha asemblea esta tarde. Malia o comunicado, non está descartado que as asociacións poidan instar a que interveña a fiscalía para esclarecer as relacións urbanísticas saídas á luz na prensa desde que o pasado venres centos de manifestantes boicoteasen a sesión plenaria na que ía dar a aprobación inicial ao plan.