Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL

Os veciños de Nigrán aseguran non estar manipulados pola oposición

Representantes de asociacións veciñais de Nigrán reuníronse onte no centro cultural de Camos no que foi o primeiro encontro logo da protesta popular do pasado venres. As asociacións rexeitan as acusacións que afirman que as súas accións responden a unha manipulación política da oposición. Ao mesmo tempo, e a través dun comunicado de prensa, reprochan a actitude dalgúns axentes da policía local que actuaron "dun xeito desmesurado" contra os manifestantes e denuncian que algúns representantes veciñais foron intimidados onte nos seus domicilios por axentes locais.

- 11:18 06/06/2006
Tags:

Representantes das Asociacións de Veciños de Nigrán fixeron público un comunicado de prensa no que lamentan os feitos violentos que se levaron a cabo diante do Concello o pasado venres. Segundo o comunicado, "se o Equipo de Goberno xestionase a tramitación do PXOM dun xeito máis adecuado no se terían producido estes lamentábeis accidentes.

As AAVV tamén aproveitan o comunicado para rexeitar as acusacións do Partido Popular e do Partido Independente de Nigrán que dicían que as súas accións responden a unha manipulación política da oposición. Ao mesmo tempo, agradecen o comportamento dos axentes da Garda Civil, "non así dalgúns axentes da Policía Local, que actuaron dun xeito desproporcionado contra os veciños".

O comunicado agradece tamén a rectificación na súa postura dos tres concelleiros "que ante a reacción veciñal manifestáronse en contra da aprobación inicial do PXOM" e anuncia que os veciños seguirán exercendo o seu dereito a expresar pública e libremente as súas opinións de desacordo co actual plan, co obxectivo de participar na súa elaboración antes da aprobación inicial.


Ligazóns

0/5 (0 votos)