Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACUDIRÁ NUNHA CANDIDATURA INDEPENDENTE ÁS PRÓXIMAS MUNICIPAIS

Corcoba fai oficial a súa saída do PPdeG

"Hai máis de seis meses que lles fixen unha petición formal de entrevista e os dirixentes do partido non me recibiron", laiouse Fernando Rodríguez Corcoba, voceiro do grupo municipal coruñés do PPdeG, ao tempo que confirmaba a súa saída do partido. "Non só é un desprezo cara a min, senón cara aos coruñeses que representamos durante anos". Acompañan a Corcoba na saída da formación, e o paso ao grupo de non adscritos, os edís Jacobo Gantes e Marta Zapata, quedando o PP con catro concelleiros e pasado o BNG a ser a principal forza da oposición coruñesa. Corcoba xa comentara a súa vontade de acudir á cita das municipais do ano que vén, aínda que se mantén a incerteza sobre as siglas escollidas para a nova aventura política. Poden ampliar sobre o asunto en Corcoba 2007.

  • Anteriores: PPdeG: coa fronte coruñesa aberta
  • Cara ás locais: En precampaña e con candidatos por definir

- 07:00 06/06/2006
Tags:


0/5 (0 votos)