Apenas o 14.7% dos fogares galegos con fillos de 14 ou menos anos, e onde pai e nai traballan, botan man de servizos especializados para coidar do rapaz, seis puntos por baixo da media do resto do Estado. No caso de Galiza destaca o protagonismo dos parentes, veciños ou amigos, que asomen esa responsabilidade nun 25.12% dos casos, mentres que a media estatal queda en 17.9%. Segundo os números do Instituto Nacional de Estatística, o INE, nas parellas galegas, o home só realiza ese labor no 11.2% dos casos.
O coñecido ciclista galego Óscar Pereiro aparece con seu fillo pequecho en brazos preparándolle a mamadeira na recente campaña promovida desde a Vicepresidencia da Igualdade coa que se trata de promover a participación masculina nas tarefas do fogar. Se de atender ao fillo se trata, Cantabria e Baleares son as comunidades onde unha maior porcentaxe de homes asome a tarefa, co 19.6% e 17.1% respectivamente. No caso de Galiza esa cifra queda no 11.2%, sendo que as mulleres traballadoras optan na maioría dos casos por deixar o fillo con avós, avoas e outros parentes no 37.1% dos casos, o que a nivel estatal convirte á nosa na comunidade onde en máis ocasións sucede isto.
Máis de 330 mil traballadores e traballadoras galegos teñen un fillo de menos de 15 anos, e 81 mil deles non dispoñen de ningunha persoa que poida atendelo ou non botan man de asistencia ningunha, mentres que 48 mil deles contratan a alguén para que os coide, o 14.7% do total, lonxe doe Euscadi e Madrid, que lideran esa clasificación co 27 e 29%. En Galiza, no 35.2% dos caos é un dos cónxuxes quen se ocupa de coidar o fillo ou filla. Así, vemos que o 52% dos homes galegos traballadores deixan o fillo coa muller, mentres que no caso das mulleres traballadoras só no 11.2% dos casos é a outra parte da parella a que coida o cativo.