Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRESENTACIÓN DO CONSELLO ASESOR QUE GUIARÁ A REFORMA

O proceso de participación para a Cidade da Cultura abre coa busca de "iniciativas concretas"

"Pódese redefinir o que se queira, incluso o nome, pero pídovos unha cousa, e é que teñades a capacidade de chegardes a propostas concretas e tanxíbeis". Así explicaba este martes a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o comezo oficial do proceso de participación que decidirá os futuros usos dos dous edificios suspendidos: o do Teatro da Música e o de Novas Tecnoloxías, un período de "reflexión e debate" liderado por vinteoito expertos e que finalizará o próximo mes de outubro, cando nun foro público se expoñan as conclusións finais. As obras deberan reanudarse en abril de 2007.

- 07:18 31/05/2006
Tags:

Este martes reuníase así por primeira vez o Consello Asesor integrado por representantes institucionais e axentes culturais públicos e privados ao que lle tocará guiar o proceso de participación, seguemento e validación das propostas. A iniciativa de traballo ditribúese en dúas mesas temáticas adicadas a cada unha das áreas a redefinir con encontros sectoriais temáticos: artes escénicas, audiovisual, música, divulgación científica, medios de comunicación, novas tecnoloxías, artes plásticas, literatura e asociacionismo cultural.

Por outro lado, o período de reflexión inclúe tamén a apertura ao debate a toda a sociedade, proceso aberto a persoas e colectivos que contará cunha web propia para a participación. A consellaría de Cultura pretende así "establecer un debate estruturado dentro do tecido cultural galego para estudar as oportunidades que ofrece a Cidade da Cultura para o seu fortalecemento e proxección externa, así como establecer o valor engadido que supón este espazo arquitectónico no artellamento de novas liñas de actuación no eido da cultura".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: