Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
MUSICA CORAL

A editorial DINSIC publica en libro a música que César del Caño escribiu para un poema de Tomàs Garcés.

O primeiro de abril de 1995 tivo lugar o certame coral Mollet a Capella 95, organizado polo coro da Irmandade A Nosa Galiza de Mollet. Tratábase dun concurso con dous premios: un deles á interpretación dunha obra de tradición folclórica, e o outro a unha partitura inédita. Nesta segunda modalidade, o coro El Clavell de Mollet presentou "El rossiyol", un poema de Tomàs Garcés musicado por César del Caño, quen tamén se encargou da dirección do coro. Máis de dez anos despois, a editorial Dinsic, especializada en música vocal, instrumental e didáctica, saca á luz estas partituras inéditas.

- 22:12 29/05/2006
Tags:

Mollet a Capella recolle seis composicións de Javier Armenter, Enric Azuaga, Josep Baucells, César del Caño, Josep M. Minguell, Andreu Peralba e Josep Segarra sobre textos de Josep Segarra, Andreu Peralba, Carles Miralles, Tomàs Garcés e Marta García Quiñones.

César del Caño, ademais do seu traballo como solista, conta cunha delongada traxectoria como director de diversas agrupacións corais de Cataluña, como no Coro Universitario Galego de Barcelona, do que foi cofundador xunto con Camilo Valdehorras. Con este coro editou o Libro/CD Porgaleuzca, integrado por versións corais sobre temas do mítico grupo de cantautores antifranquistas Voces Ceibes. Outra das iniciativas foi a creación do Coro de Irmandade, integrado por unha selección de cantores escollidos entre os membros de todo os coros galegos de Cataluña.

Dos últimos traballos de César del Caño, como solista, temos ó o CD As Cinco Cantigas de Xohán de Requeixo, realizado en compañía de diversos músicos galegos residentes en Barcelona, dentro do libro en homenaxe a este trobador. Tamén,
como director coral, os CD León por ti, á fronte da Coral Virgen del Camino do Centro Leonés de Catalunya, e Froita madura, do coro Lonxe da Terra do Centro Galego de Barcelona. Nestes dous últimos traballos réndeselle homenaxe ao compositor galego-leonés, Ángel Barja.

Tamén impulsou a creación da Coordinadora Coral Galega de Catalunya, que durante oito anos se encargou da organización da Xuntanza de Coros Galegos de Catalunya, celebrada de xeito itinerante en diversos lugares do País Catalán, como no emblemático Auditori Enric Granados de Lleida.

Tomàs Garcés, poema; César del Caño, música
"El rossinyol"

Varios autores, Mollet a capella. Para coro de voces mixtas
Barcelona: Dinsic Publicacions Musicals | 2006 | Col. Música Vocal, 37


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: