Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PIDE A REEMISIÓN DA SÚA ENTREVISTA

Feijoo quere "volver ao rego"

Cronómetro en man, os populares galegos seguiron a intervención o pasado 25 de maio do presidente do partido, Alberte Núñez Feijoo, no programa "Volver ao rego", conducido na TVG por Xosé Luís Barreiro, coñecido articulista e catedrático da Universidade de Santiago. Na conta, saiulles ao PPdeG que a entrevista ao seu líder durou cinco minutos menos que a de Touriño e sete menos que a de Quintana, o que cualifican de "flagrante discriminación". Ao tempo, lembran que o reloxio marcaba as 0h48 cando interviu Feijoo, moito máis entrada a noite que cando o fixeran Anxo Quintana, ás 0h06, ou Emilio Pérez Touriño, ás 23h15. Debido ao que considerar unha "manipulación de horarios", desde o PPdeG piden que se volva a emitir a entrevista co seu líder.

  • Anteriores: Goberno e oposición rifan polo novo modelo para a TVG
  • O PP asegura que a dirección da CRTVG atenta "contra a independencia dos xornalistas"
  • O Colexio de Xornalistas condena a "utilización partidaria" do Consello de Administración da CRTVG

- 11:52 29/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)