Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AÍNDA QUE INSISTEN EN VER MOTIVACIÓN POLÍTICA NA ACTUACIÓN DO FISCAL

O PPdeG rexeita ter responsabilidade nas irregularidades da deputación

Aclarar as posíbeis responsabilidades políticas derivadas da presunta fraude na diputación de Lugo será o tema destacado do pleno que a institución celebra este luns, onde a oposición agarda explicacións do presidente, Francisco Cacharro. Ao fío, o vicepresidente do PPdeG e candidato a relevar a Cacharro, Xosé Manuel Barreiro, declaraba para a Cadena Ser que o goberno da deputación "non é responsábel" do presunto delicto dos funcionarios. Por outra parte, Alberte Núñez Feijoo subliñou durante a fin de semana que de todos os detidos "só un está imputado e non pertence ao PP". Por outra parte, Barreiro tamén opinou que as vindeiras eleccións municipais non serán proba para a actual dirección do partido, indicando que a verdadeira proba para o equipo de Feijoo virá "coas próximas eleccións autonómicas".

  • Senén Prieto SL recibiu adxudicacións sendo Barreiro o conselleiro de Medio Ambiente
  • O "dedo" de Cacharro baixo a lupa do Consello de Contas
  • Deputación, poder e adxudicación de obras, artigo de Xosé Antón Bao Abelleira, voceiro do BNG na deputación de Lugo

- 07:02 29/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)