Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PIRAGÜISMO

Pérez Rial obtén a prata na segunda regata da Copa do Mundo

O cangués Carlos Pérez Rial conseguiu a medalla de prata na segunda regata da Copa do Mundo, celebrada na vila alemá de Duisburg. Bea e Mascato, os outros galegos do campionato non tiveron tanta sorte e caeron nas semifinais curtas.

- 20:02 27/05/2006
Tags:

Na segunda proba do calendario da Copa do Mundo, desputada na cidade alemá de Duisburg, o cangués Carlos Pérez Rial conseguiu unha boa medalla de prata na final do K1-500 (1'39"633). Pérez Rial foi primeiro na primeira metade da proba, pero nos últimos metros foi o canadense Adam van Köverden quen lle levou o galardón por case un segundo. Moi preto do cangués, a só doce milésimas, quedou o húngaro Zoltan Benko, que levou o bronce

O actual campión do mundo da especialidade conseguira o paso ás semifinais ao quedar segundo da súa semifinal, por detrás do ruso Anton Riaghov e co terceiro mellor tempo. O domingo desputará a proba longa.

Non puideron pasar á final os outros dous galegos presentes en Duisburg, Xosé Alfredo Bea e David Mascato. Na súa semifinal de C2-500 foron quintos (1'47"161) a case catro segundos dos vencedores da súa serie. Na final B, Bea e Mascato foron sextos cun tempo de 1'47"495.

A Copa do Mundo de Duisburg é unha das tres do calendario anual, logo da de Poznañ e antes da chinesa de agosto. En Polonia non houbo representación galega e a Alemaña non acudiron nin Cal nin as mozas, que preferiron continuar os adestramentos.


0/5 (0 votos)