Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O DIRECTOR XERAL SAE AO PASO DAS CRÍTICAS POLA PERDA DE AUDIENCIA

Haberá segunda canle da TVG antes de finais de ano

Na súa comparecencia este venres no Parlamento, o director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, anunciaba a creación da segunda canle da televisión pública antes de que remate o ano. Completarase así "o maior proceso de cambio nas grellas" na historia do ente, que segundo Sánchez, non está a ter custos en termos de audiencia, en resposta ao PPdeG, que asegurou que a TVG rexistrara "os peores datos de audiencia da historia", cunha caída do 14% de audiencia media. Fronte a estes datos, Benigno Sánchez gabou o cambio cualitativo na programación, especialmente a supresión das telenovelas, malia a redución de audiencia que isto supuxo e que para o director xeral da compañía é un "razoábel bo comportamento". Sánchez tamén subliñou o aumento da audiencia da Radio Galega, mentres o grupo popular segue acusando a TVG de "maquillar os datos como máis lle convén".

- 13:50 20/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)