Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS POPULARES CATALÁNS RACHAN RELACIÓN COS SOCIALISTAS

Maragall critica a xestión que fixo Zapatero do Estatut

"Comprobeino, repaseino, estudeino, mireino e sempre foi así: en Madrid confunden Cataluña co nacionalismo catalán". A afirmación fíxoa o presidente da Generalitat Pasqual Maragall, na súa intervención parlamentaria deste xoves, onde a continuación criticou os "erros" de Suárez, González e "Zapatero", con quen este venres compartirá mitin en Girona no inicio da campaña en favor do Estatut. Á beira, o presidente do PP catalán, Josep Piqué, cualificaba de intolerábel a campaña promovida polos socialistas cara ao referendo e anunciaba a xeito simbólico que o seu partido "racha relacións" co PSC.

- 09:18 19/05/2006
Tags:

Maragall non afondou na súa crítica ao presidente do goberno español e compañeiro de partido, José Luís Rodríguez Zapatero, malia que pola liña argumental utilizada á memoria de todos veu a súa anterior acusación, hai poucas semanas, ao acordo asinado por Zapatero co líder de CiU, Artur Mas, que Maragall cualificara de "forzado, dubidoso e un chisco precipitado".

Ao tempo, o máis significativo lance do Parlament catalán chegaba coa intervención do voceiro de ERC, Josep Lluís Carod-Rovira, quen lle pedía a Maragall que "non rache pontes que fagan imposíbeis certos escenarios de futuro", en clara referencia á posibilidade de recuperar o pacto do tripartito se as circunstancias á volta das próximas eleccións anticipadas en Cataluña o facilitan. Carod reprocháballe así a belixerancia das súas recentes declaracións sobre a decisión de Esquerra de pedir o voto en contra do Estatut. Con todo, e malia que no Congreso o PSOE virou as últimas semanas claramente á recuperación da relación privilexiada con CiU malia o apoio que ERC lle veu dando no que vai de lexislatura, da resposta de Maragall enténdese que a súa estratexia persoal como líder do PSC non incluiría en ningún caso un acordo de goberno con CiU en Cataluña.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: