Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INDEPENDIZARSE DE SERBIA

Os montenegrinos deciden este domingo nun referendo sobre o seu futuro como estado propio

A república de Montenegro convocou un referendo para o próximo 21 de maio do que dependerá continuar baixo a xurisprudencia do recén creado estado de Serbia-Montenegro ou o poder constituirse en estado propio. A desintegración da antiga Iugoslavia aínda non rematou e diso dan boa conta os territorios como o que nos ocupa, nun intento de procuraren a súa identidade como pobo e garantila coa dotación dun estado.

- 08:01 19/05/2006
Tags:

A posibilidade desta consulta xa aparece no texto constitucional de Serbia Montenegro unha vez pasados tres anos da constitución do Estado, circunstancia que se dá neste caso ao ser a data de creación no 2003. Preto de 480.000 electores están chamados a votar nun procedemento que se terá en conta se a participación supera o 50 por cento, segundo. Para que o si se considere válido, haberán votar, como pouco, o 55 por cento dos montenegrinos. Hoxe conclúe tamén a campaña, a 48 horas de que se celebre o referendo.

Segundo Vilaweb, votaría o 87% da poboación, que outorgaría a victoria cunha marxe escasa aos que prefiren a independenza de Serbia, un 56,3% dos votos, contra os que prefiren a situación actual unidos a Serbia, o que suporía un 43,7% dos sufraxios. Este estudio confirma a vontade, aínda que tímida, de comezar unha nova etapa con decisión propia. No que respecta aos líderes políticos, o goberno montenegrino e o primeiro ministro, Milo Djukanovic, son favorábeis á independencia, igual que o presidente da república, Filip Vujanovic. Apesar de ter o goberno a favor, non é así o caso da oposición, co que a opinión en torno a constituírense ou non como estado vai estar bastante igualada.

Montenegro é unha república situada na península dos Balcáns. Limita con Albania, Serbia, a rexión serbia de Cosova, Bosnia-Hercegovina e cunha parte de Croacia. Póboana uns 650.000 habitantes, mairomente montenegrinos, mais tamén serbios, albaneses e bosníacos, entre outros. A cidade máis poboada é Podgóritsa, a capital. En dous días os electores atoparanse coa pregunta: Desexa que a república de Montenegro sexa un estado independente con plena lexitimidade conforme o Dereito Internacional? Sexa cal sexa o resultado, cando menos han poder decidir o seu futuro e sobre el.


0/5 (0 votos)