Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FOLGA DO METAL

Sindicatos e patronal chegan a un preacordo que terá que ser ratificado polos traballadores

Logo dunha intensa e maratoniana negociación, sindicatos e patronal acadaron esta mañá un prearcodo que de ser ratificado polos traballadores suporá o final da folga indefinida do metal. Os sindicatos fixeron público o resultado das negociacións na asamblea celebrada na Praza do Rei este mediodía. Porén, anque o preacordo recibiuse con satisfación entre a maioría dos traballadores, os apupos de descontento provocados polo anuncio dun incremento de só un 20 por cento dos contratos indefinidos fixeron que a asamblea tivese que ser posposta ata o mañá. Aínda así, o principio de acordo desconvoca o paro xeral no sector programado para este xoves que afectaría a empresas con convenio propio como Citroën ou Barreras.

- 16:31 10/05/2006
Tags:

Os sindicatos fixeron público o resultado das negociacións nunha nova asamblea celebrada na Praza do Rei. Os máis de 3.000 traballadores do metal que se reuniron ante o concello de Vigo recibiron con satisfación o preacordo no referido á mellora salarial e máis a creación dunha bolsa de traballo específica, porén os obreiros consideran insuficiente o incremento dos contratos fixos nun 20 por cento, polo que o acordo aínda está pendente de súa ratificación. O compromiso foi acollido con insultos e gritos entre os obreiros, o que provocou que a aprobación do texto quedase pendente da asamblea que se celebrará este xoves. Os traballadores poderán coñecer o contenido do compromiso desde esta noite nas oficinas sindicais e mediante octavillas que se repartirán nos centros de traballo.

O preacordo supón un incremento lineal do salario duns 800 euros durante o primeiro año, mentres que no segundo exercicio sería do IPC real máis un punto e medio, e no terceiro IPC real máis un punto. Respecto a regulación das subcontratacións, os sindicatos conseguiron que se respeten as bolsas de traballadores cando unha empresa finaliza un contrato. O punto máis polémico do acordo é o referido á porcentaxe de personal fixo no sector do metal, que se establece nun 35 porcento durante o primeiro ano, 45 no segundo e 50 no terceiro.

Os tres principais sindicatos, CCOO UGT e CIG coinciden en cualificar o preacordo acadado como "bo", xa que dúas das nove reivindicacións conseguíronse na súa totalidade. Pola súa parte, Xosé Manuel Hidalgo, presidente da Asociación de Industrias Metalúrxicas de Pontevedra, afirmou en declaracións á Radio Galega que o principio de acordo responde ao desexo de rematar coas mobilizacións asegurando que os empresarios actuaron dun xeito "inconsciente" ao ceder "o que non está escrito".


Ligazóns

0/5 (0 votos)