Outra vez, a xuventude volve a utilizar as ferramentas que ofrecen as novas tecnoloxías e o marketing viral á hora de programar unha nova convocatoria espontanea. Nesta ocasión non se trata de celebrar a chegada da primavera arredor dunha botella, se non que o motivo é ben distinto. "Queremos todos unha vivenda digna, unha vivenda na que podamos vivir e fundar as nosas familias sen estar destinando máis do 50 por cento do noso salario a pagala". Así reza a mensaxe que nas últimas semanas circula por internet na que se convoca unha sentada en prol dunha baixada dos prezos da vivienda. As sentadas celebraranse este domingo día 14 ás 17 horas.
Varias cidades galegas acollerán este domingo ás 17 horas as sentadas que se celebrarán en toda España en prol dunha baixada dos prezos da vivenda. Mentres a ministra Trujillo convida aos mozos e mozas a enfundarse as kelyfinders, Galiza foi a segunda comunidade na que máis subiron os prezos da vivenda no 2005, un 14,8 por cento, neste contexto, non é de extrañar que as sentadas na nosa comunidade conten previsibelmente cun gran seguemento. A convocatoria, que non responde á iniciativa de ningún partido político, é unha "demostración de como a xuventude pode reunirse para conseguir os seus propósitos", contradicindo as voces que sinalaban aos mozos españois máis preocupados pola diversión e a nocturnidade que polo seu futuro e os seus dereitos.