Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRABALLARÁ POR SI SÓ

O Senado aproba que Fene poida volver á construción naval civil

A Cámara Alta deu hoxe o visto bo á moción que presentou o BNG na que pedía que se dote o estaleiro de Navantia-Fene dunha carteira estábel de pedidos e a que "realice as xestións necesarias ante a Unión Europea para que se superen as actuais limitacións á construción naval civil". Deste xeito, o estalerio galego podería "ver aproveitadas as súas infraestructuras e potencialidades" e deixar de perder posibilidades de traballoen virtude doutras factorías que xestiona Navantia.

- 17:34 09/05/2006
Tags:

Isto é así porque, segundo relatou o senador do BNG Francisco Jorquera, o estaleiro de Fene perdeu recentemente, e en favor do de Puerto Real (Cádiz), un contrato para construír tres cascos de buque para o estaleiro vigués Vulcano. A xustificación esgrimida pola dirección de Navantia, e confirmada nunha interpelación do BNG o pasado 26 de abril polo ministro de Economía, Pedro Solbes, era que se debe a unha razón de custos, pois a ocupación de Puerto Real era dun 51 por cento e a de Fene dun 98 por cento.

Como se dixo onte, o grao de ocupación do estaleiro de Fene calculouno Navantia utilizado como único baremo o seu actual cadro de persoal, un criterio que para Jorquera "é como o conto da pescada que se morde a cola". Neste sentido, Jorquera demandou que, á hora de valorar e calcular o grao de ocupación dun estaleiro, "deben ser tidas en conta a capacidade do estaleiro e a súa infraestrutura".

Ademais, os nacionalistas galegos trasladaron tamén ao Senado o momento alcista que vive a construción naval e, polo tanto, denunciaron que, o estaleiro de Fene, pese a ter unhas instalacións con 80.000 metros cadrados de superficie, estas estean "totalmente infrautlizadas". Por iso, o BNG solicita ao Goberno central que negocie coa Unión Europea "para defender un sector estratéxico da economía galega".

Anterior


0/5 (0 votos)