Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CAÍDA DO PARTIDO DE BLAIR SERÍA MENOR DA AGOIRADA

O Reino Unido agarda a reforma do executivo Blair logo do pau municipal aos laboristas

As sondaxes agoirábanlle ao Partido Laborista a súa peor derrota dos últimos corenta anos nuns comicios electorais, e os primeiros resultados, confirman que perden estas eleccións fronte aos conservadores. De proxectarse estes mesmos resultados a unhas eleccións xerais, os "tories" gañarían o 40% do voto, e atrás deles quedarían os Liberais-Demócratas, co 27% dos apoios, por riba dos laboristas, que caen ao 26%. Os medios británicos destacan tamén o significativo avande do Partido Nacional Británico, de estrema dereita. Para este mesmo venres agárdase que Tony Blair dea a coñecer un profundo cambio no seu gabinete que prepararía o seu propio relevo a curto prazo. Recomendámoslles o Guardian e a BBC para seguir a última hora do proceso electoral.

- 07:01 05/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)