O colectivo musical galego Arkestra celebra o seu primeiro aniversario o próximo 3 de maio no clube Vademecum de Vigo. Para celebrar este primeiro ano de esforzo e empeño por xerar un pouco de movemento e achegar ata as nosas costas as novas sonoridades, a comunidade Arkestriana convida aos amantes do electro-funk-soul ao directo da sensación underground do momento, J*Davey.
Este dúo de Los Ángeles ofrecerá na sala viguesa unha mostra do Soul máis futurista e actual. J*Davey nútrese das influencias do pasado e do presente, cun toque de soul futurista que lle imprime o seu vocalista Jack Davey, quen vén do jazz clásico e fusión de finais dos 70 antes de introducirse no R&B dos 80 e nese novo son que por aquel entonces era o Hip Hop. J*Davey, que están chamados a ser a revelación do 2006, presentarán por primeira vez en Europa o seu directo nunha data tan sinalada para a electrónica galega como o é o primeiro aniversario de Arkestra.