Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN XUNTANZA CON COLECTIVOS GALEGOS EN CATALUÑA

Rodríguez di que na emigración a "política de dereitos" substitúe agora "ás esmolas"

"Foi preciso deixar a etapa do PPdeG atrás para conferirlle á política de emigración a prioridade que posúen os asuntos transcendentais no futuro dun país", afirmou o secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, nunha reunión con colectivos da emigración galega en Cataluña. Mentres, algúns dos principais líderes do PP asistían ao primeiro congreso do partido en Estados Unidos. Nese foro, o presidente do PPdeG insistiu en que "foron os gobernos do PP os que modificaron o Código Civil para que os fillos e netos de emigrantes puidesen manter a dobre nacionalidade".

- 06:57 02/05/2006
Tags:

O secretario xeral de Emigración lembrou este luns que antes de agosto será realidade "o primeiro plan estratéxico de emigración" e indicou que "a lexislatura do cambio será a lexislatura da emigración porque despois de 16 anos de favores e esmolas agora toca facer política de dereitos". Na opinión de Manuel Luís Rodríguez "por primeira vez trátase aos galegos e galegas residentes no exterior como cidadáns de pleno dereito e non coma choferes dunha papeleta electoral". En referencia ao PPdeG, Rodríguez criticou "aos que agora propoñen políticas que cando tiveron ocasión de aplicar preferiron non facelo por interese electoral". Así, defendeu que no que vai de lexislatura "o goberno do cambio triplicou a contía das axudas asistenciais individuais, diversificou os programas dirixidos á xuventude, incrementou as ordes dirixidas a facilitar un retorno a Galicia baseado nunha información real e completa, ou comprometeu con prazos a creación de delegacións que atendan de xeito integral á cidadanía galega no exterior".

Por outro lado, contámoslles que o líder dos populares galegos asistiu esta fin de semana ao primeiro congreso que o PP celebra nos Estados Unidos, onde ademais foi escollida como presidenta do PP nos EUA a galega, nada en A Lama, en Pontevedra, Naír Taboada. De feito, algo máis de 300 das 400 persoas que participaron nese congreso eran de orixe galega. Nese foro, Alberte Núñez Feijoo destacou a oportunidade para "a promoción da cultura e a economía galega nos EUA" que ofrecería a presencia dos galegos empresarios naquel país.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: