Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SÓ O PP VOTOU EN CONTRA

O Congreso tamén declara 2006 como "Ano da Memoria"

"En homenaxe e recoñecemento de todos os homes e mulleres que foron vítimas da Guerra Civil e posteriormente da ditadura franquista" aprobou este xoves o Congreso a proposta de Izquierda Unida para a declaración de 2006 como Ano da Memoria. A iniciativa pide tamén o impulso de actos conmemorativos "en recordo daquelas persoas". Abstívose ERC ao ver rexeitadas emendas con propostas máis concretas e o PP que criticou que a idea "utiliza o pasado como arma política".

- 07:52 28/04/2006
Tags:

A proposta pide que os poderes públicos "promovan e apoien a celebración de actos conmemorativos que estimulen a reflexión sobre aqueles feitos e o recordo e recoñecemento do labor daquelas persoas" e destaca a necesidade de lembrar ás vítimas da ditadura, incluíndo tamén o "recoñecemento" para aqueles que "co seu esforzo en favor dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas, fixeron posíbel o rexime democrático instaurado pola Constitución de 1978".

"O que nos interesa no 75 aniversario da Segunda República é facerlle unha homenaxe a todos os demócratas, ás cítimas dun rexime ilexítimo", explicou Gaspar Llamazares, coordinador xeral de Izquierda Unida, grupo que presentou a proposta, quen engadiu en referencia ás críticas e o voto negativo do PP que "non se trata de reabrir ningunha ferida, senón que o que acontece é que cando se produce unha catástrofe humana como foi a Guerra Civil, que se prolonga no tempo coa represión, os pobos tardan décadas en recuperarse". Llamazares convidou o PP a que "non se vexa hoxe tan ofendido pola recuperación da memoria", subliñando que "a dereita política non debera sentirse herdeira do franquismo, senón do mellor da transición democrática".

Unha emenda de CiU á proposta aceptada polos grupos parlamentarios esíxelle ademais ao goberno que no prazo dun mes presente o informe sobre as vítimas da Guerra Civil e o franquismo que será base para a elaboración posterior da Lei de Memoria Histórica prometida polo executivo.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: