Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARA AO PLAN DE REESTRUTURACIÓN DO SECTOR LÁCTEO PARA 2006

Piden criterios sociais para a concesión da cota leiteira

PSdeG e BNG votaron de xeito favorábel este xoves, na comisión de Agro, Alimentación e Gandeiría do Parlamento, a proposta presentada polos nacionalistas para pedirlle ao goberno español que a cota leiteira que sexa asignada nos próximos meses se conceda "en base a criterios sociais priorizando aquelas explotacións cunha cota láctea inferior á media estatal e con perspectivas e vocación de mantemento no sector". Lembrámoslles que esta mesma semana se coñecía que máis da metade das explotacións que en todo o Estado pasaron da cota asignada están en Galiza.

- 07:00 28/04/2006
Tags:

A proposta acordada recolle que as cotas lácteas procedentes do plano de abandono e as existentes na reserva estatal sexan asignadas entre as explotacións existentes en base a criterios sociais e nese sentido apunta que "para isto deben manterse os criterios de priorización do ano anterior e non restrinxir os posíbeis movementos de cota láctea entre comunidades autónomas".

No mesmo sentido pídese tamén que as transferencias de cota "se xestionen polas administracións públicas para evitar as desviacións e a especulación que o libre mercado ten provocado no sector". Finalmente, o Parlamento galego ínstalle ao executivo galego a que a través da consellaría de Medio Rural lle reclame ao ministero de Agricultura diante do Plano de reestructuración do sector lácteo para 2006 "que se teñan en conta as alegacións presentadas pola Xunta á proposta de borrador do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, dado o valor estratéxico que as producións lácteas teñen para o mantemento dun medio rural galego sostible económica e socialmente". A iniciativa foi votada positivamente por PSdeG e BNG, coa abstención dos deputados do PPdeG.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: