Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
QUÉRESE IMPEDIR A CONSTRUCIÓN DUNHA PISCIFACTORIA NESTE LUGAR DE IMPORTANCIA COMUNITARIA

Roteiro en defensa do cabo Touriñán

Encadrado na campaña S.O.S. Touriñán, a Adega, a FEG e a Plataforma Burla Negra organiza un roteiro reivindicativo polo cabo Touriñán este domingo 23 de abril. A xornada ten un claro obxectivo que é o de frear a construcción da maior piscifactoria do mundo neste senlleiro espazo, unha das paisaxes máis fermosas e millor conservadas de Europa, LIC (Lugar de Interese Comunitario) e parte da Rede Natura 2000. O cabo pode converterse nun polígono industrial se, como proxectou o anterior goberno no Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, se constrúe a piscifactoría cunha superficie de máis de 300.000 m2.

- 11:05 20/04/2006
Tags:

Segundo os organizadores do roteiro, con respecto á indefensión dos actuais LICs e espazos da Rede Natura 2000, a actual Consellería de Medio Ambiente tén facilitado que o Sr. Alvárez Cascos poidera conquerir do Xulgado a paralización cautelar das obras da piscifactoría que está a construir sobre o LIC de As Catedrais en Rinlo (Ribadeo). S.O.S. Touriñán cre que este é un moi mal precedente, "por máis promesas que temos escoitado". Esta piscifactoría, ao igual que a de Rinlo, conta coa declaración de impacto ambiental favorable e con proxecto sectorial tamén aprobado no último Consello da Xunta presidido por D. Manuel Fraga.

O roteiro comezará en Frixe (Muxía) e rematará no cabo Touriñán, visitando durante a xornada os lugares máis representaivos da Costa da Morte co fin de xuntar todas as voces en contra da construcción da piscifactoría por parte de Pescanova. Máis información sobre o roteiro en S.O.S. Touriñán.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: