O conselleiro de Medio Ambiente, afirmou onte ter a "absoluta seguridade" de que a ría de Pontevedra "vai quedar liberada" da factoria que Ence ten en Lourizán facendo referencia ao traballo que está a realizar todo o Goberno galego para axilizar o seu traslado. En declaración aos medios de comunicación, Vázquez adiantou que "a maior parte do executivo galego ten terminados todos os datos" para presentalos ao presidente, Emilio Pérez Touriño quen, segundo él, dedicase "diariamente" ao asunto.
Aínda así, Vázquez non precisou a situación da posíbel ubicación alternativa, nin si estará no entorno de Pontevedra, aclarou que manexan máis dunha "posibilidade" e que o proceso estase a levar cunha total trasparencia. O Conselleiro tamén fixo referencia ao cambio na Presidencia de Ence, e anunciou que as conversas co novo presidente Jose Luís Arregui seguen desenvolvéndose polo bo camiño. Segundo o titular de Medio Ambiente, nas negociacións coa nova directiva, a empresa "percibiu que hai unha vontade clara do goberno", o que cre que pode ser un factor "definitivo" para que comece o proceso.