No monte da Caeira, en Poio, for a asasinado o galeguista Alexandre Bóveda. Neste ano de lembranzas, o Concello promove o que será bautizado "Parque da Memoria", conxunto escultórico deseñado polo escultor e Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel, que se levantará no lugar da Seca, e para o que a consellaría de Cultura lle asignou esta semana 30 mil euros. O parque ocupará unha superficie de 5 mil metros cadrados e na súa inauguración participarán a finais de ano significativos persoeiros. Esquivel anunciou que quere convidar cando menos a cinco premios Nobel, un por continente, e entre os que xa contactou están Nelson Mandela, o Dalai Lama, Rigoberta Menchú, José Saramago e Mihail Gorbachov.