Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A VELLA DESPUTA CON CHILE

Promesa de mar para Bolivia

"Non descartamos unha cesión e estamos estudando unha fórmula que no seu momento negociaremos coa outra parte". Deste xeito, o ministro de Exteriores de Chile, Alejandro Foxley, manifestaba por vez primeira desde un executivo chileno a posibilidade de que este país lle ceda a Bolivia unha saída ao mar. Os socialistas chilenos amósanse a prol de buscar "solucións imaxinativas" para que Bolivia poida ter un acceso ao Pacífico no seu territorio, sen descartar unha posíbel "cesión de soberanía". Ao respecto amósanse moi belixerantes desde a oposición conservadora, denunciando "que non hai ningún argumento" a prol desa iniciativa e remitíndose ás guerras de final do século XIX que lle privaron a Bolivia do litoral. Poden ampliar no xornal boliviano La Razón.

- 07:41 18/04/2006
Tags:


0/5 (0 votos)