Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PROL DA VOZ GALEGA DIANTE DA COMISIÓN EUROPEA

Suárez Canal pide que Galiza poida negociar a cota leiteira coa UE

O conselleiro de Medio Rural amosouse crítico esta fin de semana diante da posibilidade de que o ministerio de Agricultura modifique o mecanismo para o reparto a nivel estatal da cota leiteira. Alfredo Suárez Canal pronunciouse contra o cambio dun sistema baseado en criterios sociais e derivado da caracterización das explotacións "porque acabe favorecendo a un tipo de explotación que é a que hai en Galiza". Así, nos micrófonos da Cadena Ser, o conselleiro advertiulle ao ministerio que debería reconsiderar a súa proposta actual e avisou que do contrario a Xunta insistirá en "negociar a cota con Europa e as Políticas Agrarias Comunitarias".

- 06:53 10/04/2006
Tags:


0/5 (0 votos)