Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS PRODUTORES, ÁS PORTAS DAS MULTINACIONAIS

"Ou pechan eles ou pechamos nós", repiten os gandeiros

Máis de 8.000 gandeiros galegos, segundo as cifras de primeira hora dos sindicatos agrarios, petan desde as 11 horas de hoxe nas portas das centrais de Suiza Foods (Leite Celta), Besnier (Lactalis) e Nestlé en Pontedeume, Vilalba e Pontecesures en demanda de Prezos dignos para o noso leite. O prezo en orixe en Galiza, 0,29 euros/litro, segue a ser o máis baixo de todo o Estado, a e baixada do 4% que prepara a industria láctea para 2006, unida á suba dos custos de produción, podería ocasionar o peche de centos de explotacións nun só semestre.

- 10:57 06/04/2006
Tags:

Os xerentes das respectivas plantas mantiveron reunións de compromiso cos responsábeis sindicais. Non houbo incidentes até o de agora. A partir das 14 horas, os gandeiros contan entrar nas instalacións das grandes superficies comerciais -Carrefour- da Coruña, Pontevedra e Lugo, para facer visíbel socialmente o outro gran problema dos produtores no que respecta á formación do prezo do leite: a unilateralidade da gran distribución, que segue a usar o leite como retrouso publicitario.

"Buscamos a supervivencia", sinalou Félix Porto, de Unións. "Tratamos de que haxa unha ruptura entre a política das multinacionais con capital de fóra e as de capital galego ou español, porque os seus intereses non poden ser os mesmos". A secretaria xeral do SLG, Lidia Senra, defendeu continuar a política de mobilizacións até que a industria láctea "tome nota. Ou pechan eles ou pechamos nós".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: