Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMBIOS NA PROPIEDADE DA PAPELEIRA

Caixa Galicia deixa de ser o accionista principal de Ence

O 2.51% que Bankinter mantiña sobre o total do capital de Ence foi parar a Alcor Holding, propiedade dos coñecidos empresarios Alberto Cortina e Alberto Alcocer, que deste xeito pasan a ter o 12.52% da papeleira, colocándose como accionistas maioritarios da empresa. Caixa Galicia, deica agora maioritaria na pasteira, queda por tras cun 10.04%. Lembrámoslles que o presidente de Ence é o tamén director xeral de Caixa Galicia, José Luís Méndez, aínda que a entidade galega viña reducindo significativamente a súa presenza na empresa desde hai meses.

- 06:55 05/04/2006
Tags:

O propio José Luís Méndez non foi moi claro nos últimos tempos e nos seus pronunciamentos públicos sobre o futuro dos investimentos de Caixa Galicia na papeleira, mantendo a incerteza sobre a existencia ou non dun proxecto a longo prazo da entidade financieira galega en Ence. De posuír porcentaxes superiores ao 18%, Caixa Galicia foi reducindo cota de xeito paralelo á aceleración da polémica pola intención da papeleira de manter na súa ubicación actual a celulosa que tén en Pontevedra.

Caixa Galicia reduciu así o seu capital en Ence até o 10.042% que posúe actualmente, o que a sitúa por tras dos empresarios madrileños popularmente coñecidos coma Os Albertos, a través da empresa Alcor Holding, que controla agora unha maioría do 12.523% logo de mercar o 2.51% que mantiña Bankinter, que se desprendeu nunha semana do 5% da súa participación total en Ence. De ter unha pequena cota da papeleira, Cortina e Alcocer compráranlle ao Banco Zaragozano un 3% da empresa e aceleraran o seu movemento sobre Ence en xaneiro, sumando o 6.5% de Barclays. Os 24.7 millóns de euros gastados para mercar agora a parte de Bankinter danlles o liderado no accionariado, que se completa co 10.01% de Juan Luís Arregui, fundador de Gamesa e o 5.77% de Caja Astur; o 5% de Inversiones Atalaya, integrada por varias caixas do sur do Estado. O 54% restante está no mercado libre.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: