Os primeiros pasos do executivo liderado por Evo Morales en Bolivia elevaron o apoio dos cidadáns por riba do saído das urnas nas últimas eleccións, segundo a enquisa que vén de ser publicada polo diario local La Razón. A valoración positiva do goberno sobe até o 80% e a do propio Morales chimpa ao 80%. Por outro lado, en Vieiros Venezuela poden ler tamén da proposta do presidente Hugo Chávez para a creación dunha empresa petroquímica "do Sur" que integre a Brasil e Bolivia, entre outros países latinoamericanos.