Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN BLÓ CONTRA A RECONVERSIÓN DO ENTE PÚBLICO

Os traballadores de RTVE Galicia deféndense na rede

"Neste espazo recollemos as reivindicacións de tódolos compañeiros de RTVE Galicia contra o plan da Sepi". Co espírito de agora mesmo debruzado na rede, os traballadores de RNE Galicia crearon un blog para os máis de 150 compañeiros repartidos entre o centro territorial de Santiago e as delegacións provinciais. A actualidade arromba, e este martes deféndense dun subdirector e columnista de La Voz de Galicia, Luis Ventoso, que rematou o seu textiño da contraportada do luns cun solidario "ciérrenla" (en castelán do orixinal). Despois dun repaso didáctico, os traballadores de RTVE rematan con elegancia: "Cremos que se excedeu. Talvez nos atopemos algún día nas listas do paro".

- 08:13 29/03/2006
Tags:

O "plan de desmantelamento" -din- previsto para RTVE, que prevé o recurte do 44% do cadro de persoal, composto actualmente por máis de 150 persoas, prevé a eliminación da práctica totalidade das emisións de TVE feitas desde Galicia e en galego, que quedarán reducidas a un único telexornal diario. "A proxección de Galicia no exterior quedará gravemente afectada. RNE perderá máis de dous terzos das emisións realizadas desde Galicia e en galego, e a nosa radio 100% servizo público, Radio 5 Todo Noticias, deixará de emitir. Quedaremos sen información local e autonómica.
A dirección xustifica estes recurtes na necesidade de sanear economicamente o ente público. Sen embargo, elimínanse precisamente aqueles contidos de servizo público (informativos, espazos culturais, consumo…). Nada se di dos programas elaborados por produtoras privadas, que cobran por realizar un traballo que deberían e poderían asumir os traballadores agora amenazados polo recurte. A isto hai que engadir que RTVE –con nove mil empregados- é a radiotelevisión pública máis barata e con menos traballadores do entorno europeo, lonxe dos vinte mil da BBC ou dos corenta mil das ARD e ZDF alemanas", lembran.

Os traballadores de RTVE seguen a pedir o apoio da sociedade para paralizar un plan que significaría "un novo golpe ao uso do idioma nos medios de comunicación, unha perda do peso informativo de Galiza dentro e fóra do Estado e un ataque á liña de flotación do pluralismo informativo e a descentralización informativa".


0/5 (0 votos)