Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO PARLAMENTO AUTONÓMICO

PP e PSOE aproban sós o Estatut valenciano

A primeira reforma dun Estatuto de Autonomía no contorno do Estado foi definitivamente aprobada este luns polo Parlamento valenciano, con 82 votos a favor, os de PP-CV e PSPV-PSOE e sete en contra, EU-Entesa e o grupo mixto. Populares e socialistas apelaron ao "consenso maioritario da sociedade valenciana", mentres que Esquerra Unida introduciu unha vez máis no debate a petición da rebaixa da peneira electoral ao 3%.

- 17:21 27/03/2006
Tags:

O voceiro do PP, Serafín Castellano, destacou que o texto valenciano "amosa que é posíbel avanzar no autogoberno dentro do modelo territorial establecido pola Constitución e reforzando os principios de igualdade e solidariedade, fundamento do Estado das autonomías". Polo PSOE, o seu voceiro Joan Ignasi Pla, comentou que a votación da camara da Comunidade Valenciana reflicte "a consolidación da España plural, que non racha porque se aprobe un Estatuto que recolla un conxunto de competencias moi importantes para o autogoberno".

Desde o grupo mixto, Tomás Puchol, que pasou do PP á Coalició Valenciana, comentou que "mellor sería que aparcasemos cláusulas innecesarias e pedísemos un mellor teito competencial para a Comunidade". Referíase Puchol á chamada "cláusula Camps" que deixa a porta aberta para a posterior modificación do Estatuto valenciano coa fin de incorporar calquera avance competencial adicional que outras comunidades poidan introducir nas súas reformas estatutarias. Puchol tamén cargou contra a Académia Valenciana de la Llengua, acusándoa de estar neste proceso á beira do "catalanismo e da ERC de Carod Rovira". Desde EU-Entesa, o seu voceiro Joan Ribó criticou especialmente a renuncia a introducir a rebaixa desde o 5% actual ao 3% como límite de apoio para que un partido poida conseguir escano no parlamento valenciano.

  • Última hora en El Periódico Mediterráneo e Panorama Actual

  • Ligazóns

    0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: