Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PRAZO PARA A SOLUCIÓN FÍXASE AGORA NOUTROS TRES MESES

Volven adiar o plan para a supresión das peaxes

A solución que Touriño e Zapatero prometeran xa para o pasado mes de xaneiro podería facerse pública agora nun prazo de "menos de tres meses", segundo recoñeceu a conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, que en entrevista para a Cadena Ser, estendía a comunicación dese prometido plan definitivo cara ao próximo verán. Caride referiuse aos problemas da negociación e cargou culpas no executivo anterior que segundo ela "desatendeu as necesidades dos galegos".

- 06:51 27/03/2006
Tags:

A conselleira lembrou o recente da venda da autoestrada AP-9 e laiouse de que naquela altura, o ano 2003, o goberno non aproveitase para "amañar os problemas" considerando os compromisos sociais cos galegos, asinando unha concesión para a explotación dunha vía clave deica o ano 2048. "Hai escasos precedentes dunha situación similar", insistiu María Xosé Caride.

Ao respecto dos atrasos no tren de alta velocidade, Caride destacou que "o ministerio de Fomento está invistindo máis ca nunca en Galiza, por riba da media" e falou de prazos "razoábeis" para a finalización das obras. Así e todo, e ao fío da lentitude dos proxectos, advertiu que "non podemos deixar que a presa nos faga caer en erros" referíndose aos problemas da liña Madrid-Barcelona e asegurando que "non debemos causar un desbalde dos recursos".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: