Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA GARANTIR O APROVEITAMENTO DOS BENEFICIOS

Industria impulsará unha empresa pública no sector eólico

Á necesidade de garantir que "o petróleo galego do vento" repercuta en beneficio dos galegos se referiu este domingo nos micrófonos da Radio Galega o conselleiro de Industria e Innovación. Fernando Blanco explicou que neste escenario a Xunta impulsará a creación dunha sociedade pública destinada ao aproveitamento dos beneficios das empresas eólicas. "Temos un vento de moita calidade e o 40% da enerxía así producida estámola exportando", subliñou, "é lóxico que nos corresponda unha parte dese pastel". O conselleiro comentou tamén a necesidade de que a reforma estatutaria estableza avances competenciais no ámbito da enerxía, para darlle maior marxe de manobra ao goberno galego neste sector estratéxico.

  • A fiscalía estudará os posíbeis delitos nas irregularidades eólicas e hidroeléctricas detectadas
  • O "caso Vázquez" acelera a revisión das irregularidades no negocio eólico e hidroléctrico

- 07:33 27/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)