Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A XUNTA OFRECE POR PRIMEIRA VEZ AXUDA INSTITUCIONAL AOS PARENTES DOS 300 DESAPARECIDOS GALEGOS

Arxentina berra "Nunca Máis" no 30 aniversario do golpe militar

Na noite do 24 de marzo de 1976 un golpe de estado militar poñía fin ao réxime democrático e instauraba unha terrorífica ditadura que durou até 1983 e que deixou tras de si máis de 30.000 desaparecidos. Entre eles 576 cidadáns de orixe española, dos que 300 eran galegos. Nunca até hoxe ningunha institución galega condeara estes feitos, pero o debate aberto polo BNG e a viaxe de Touriño a Arxentina días antes deste aniversario fan que por fin se empece a recuperar a memoria de todas as vítimas e se apoien as reivindicacións dos seus familiares, tamén no ano en que aquí se celebra o 'Ano da Memoria'. En Bos Aires xa comezaron os actos de conmemoración, co despregamento dunha gran bandeira arxentina co lema 'Nunca Más' na sede da Amia. Pola noitiña as Nais da Praza de Maio convocaban un acto de recordo ás vítimas, seguida dunha vixilia culminada de madrugada, á mesma hora que se declarou a ditadura arxentina. O venres pola tarde está convocada unha marcha dende o congreso até a Praza de Maio para reclamar 'Memoria, verdade e xustiza' e reivindicar os ideais dos que foron desaparecidos. Nela irá unha representación galega na que participarán membros do BNG e da CIG.

  • Especiais sobre o 30 anivesario do golpe en Clarín e La Nación
  • Hai trinta anos os arxentinos almorzaron con estas portadas
  • Anuncios para a radio chamando á manifestación (I e II)
  • Primeira petición do BNG para que o 'Ano da Memoria' recoñeza tamén os galegos vítimas da dictadura arxentina
  • A Xunta anuncia que cooperará coas familias dos desaparecidos galegos
  • Unha árbore por un fillo desaparecido. Un artigo de Ana Miranda sobre Dionisia López Amado, Nai galega da Praza de Maio.
  • Galería de imaxes da homenaxe a Dionisia López Amado o pasado 18 de marzo

- 14:07 24/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)