Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS SOCIALISTAS VIGUESES EN DESACORDO COA PROPOSTA DA XUNTA

Abel Caballero critica o documento de Presidencia para a área metropolitana

"Sería bo que o conselleiro de Presidencia retirase o borrador para podermos iniciar o proceso de novo", pediu este mércores Abel Caballero, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo. Xa se pronunciaran moi criticamente desde o grupo municipal socialista vigués, e agora Caballero, na mesma liña, pide que se abra un proceso de diálogo amplo para acadar unha área metropolitana "forte e amplamente dotada de competencias".

- 07:51 23/03/2006
Tags:

"O conselleiro debería iniciar o diálogo coas forzas políticas, con alcaldes, e axentes económicos e sociais, e na maior brevidade posíbel, co obxetivo de impulsar outro borrador que teña o máximo consenso posíbel", afirmou Abel Caballero este mércores en Vigo. Caballero, que lles lembramos que soa coma un dos posíbeis candidatos que o PSdeG estaría considerando para aspirar á alcaldía viguesa, mesmo asegurou que o documento achegado desde a Xunta "quítalle credibilidade á actuación do goberno no contorno de Vigo".

Abel Caballero chegou a asegurar que a posición do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, coincide coa súa propia postura sobre este asunto, contribuíndo así a desacreditar o borrador chegado desde a consellaría de Presidencia. O presidente da Autoridade Portuaria comentou que sería "un xesto de boa vontade" que o conselleiro Xosé Luís Méndez Romeu retirase ese documento para deixar o proceso onde estaba. Na súa opinión, a Área Metropolitana de Vigo pode ser "un modelo" para o resto do Estado.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: