Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRIMEIRAS REACCIÓNS

Rajoy di que a ETA non anunciou unha tregua senón "unha pausa"

"O único comunicado importante que agardabamos da ETA era o anuncio da súa disolución e a fin das súas actividades criminais. Iso era o importante e iso non se produciu", afirmou o presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy. Na súa valoración do acontecido, Rajoy dixo que ETA anunciou "unha pausa e non unha renuncia á súa actividade criminal" e "non lle pediu perdón ás vítimas". "Reafírmanse na súa vontade de seguir existindo e non se arrepinten de nada", opinou o líder do PP, insistindo en que o comunicado "dinos o obxetivo de sempre e coas condicións de sempre: a autodeterminación". Rajoy pediu que "o Estado de dereito siga actuando" e solicitoulle ao goberno español que "non pague ningún prezo político aos terroristas e non lles permita que consigan os obxetivos polos que asasinaron a tanta xente".

- 13:40 22/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)