"Euskadi Ta Askatasuna decidiu declarar un cesamento de fogo permanente a partir do 24 de marzo de 2006". Así comeza o comunicado enviado a Radio Euskadi pola ETA onde se anuncia a tregua indefinida que comezará o próximo venres 24 de marzo. A banda confirma así a tregua despois de varias semanas de ruxerruxes que apuntaban a que ía dar ese paso. "O obxetivo desta decisión é impulsar un proceso democrático en Euskal Herria para construír un novo marco no que sexan recoñecidos os dereitos que coma Pobo nos correspondan e asegurando cara ao futuro a posibilidade de desenvolvemento de todas as opcións políticas", recolle o texto enviado aos medios vascos.