Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PREGUNTA DE FRANCISCO RODRÍGUEZ NO CONGRESO

O BNG pídelle ao Goberno español que condene a 'Operación Enxame'

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, presentou o venres unha pregunta na que lle pide ao Goberno español unha condea da ofensiva militar lanzada por EEUU e os seus acólitos contra Iraq e insta ao Executivo a que promova un pronunciamento no seo da UE contra esta nova agresión a un país soberano e á vida dos iraquís.

- 17:27 19/03/2006
Tags:

Para Francisco Rodríguez, a denominada "operación Swanmer", iniciada o xoves co pretexto de loitar contra supostos inxurxentes na cidade de Samarra constitúe "unha nova vulneración dos direitos humanos, outro acto de barbarie e outra suma de mortes inútiles" e demostra que o imperialismo dos Estados Unidos, liderado polo administración Bush, "non ten o mais mínimo respeito a un país soberano e á vida dos iraquís".

Condena do Goberno español
Ante a "extrema gravidade dos feitos" o deputado do BNG bota en falta unha condena da comunidade internacional ao respecto. "A ONU debería reunir con urxencia o seu Consello de Seguridade e condenar firmemente o Goberno norteamericano. E mentres isto non se dá, tamén percebemos un baleiro enorme no Goberno Español", denuncia Rodríguez.

Neste sentido, o parlamentario do BNG considera necesario un pronunciamento do Executivo español "que condene e esixa a EEUU que pare inmediatamente" esta nova ofensiva militar contra o Iraq.

"Do contrario –sinala Rodríguez- temos que pensar que o Goberno español adoptou agora unha política de `deixarse perdoar polos EEUU´por ter retirado no seu día as tropas de Iraq, que sucumbiu aos requerimentos norteamericanos en política exterior e prefire practicar unha política de escorrer o vulto".

Pronunciamento da UE
Entre as preguntas que formula na súa iniciativa, Francisco Rodríguez solicítalle ao Goberno español se "considera lexítimo e conforme ao dereito internacional" este novo ataque militar a un país soberano "que xa foi dabondo torturado pola Administración Bush e polos seus acólitos".

Ademais, o deputado do BNG demanda ao Goberno se está disposto a realizar un pronunciamento de condena e "a promover no seo da UE a convocatoria con carácter urxente dun Consello da ONU para abordar a gravidade deste tema e esixir a EEUU que pare de inmediato esta ofensiva militar".

Por último, e entre outras cuestións, Rodríguez pregúntalle ao Goberno español se "vai facer o propio na UE para que esixa á Administración Bush o cese inmediato destas operacións militares sobre a poboación iraquí, que só van provocar máis mortes, máis sufrimento e máis miseria para as xentes deste país".


0/5 (0 votos)